Mediación
A MEDIACIÓN é un método moi efectivo de resolver conflitos interpersoais de todo tipo, pois impulsa a de-construción e a construción compartida de significados, que permiten ás persoas en conflito chegar a acordos satisfactorios para tódalas partes.
A diferencia de outras vías de resolución de conflitos, como a xudicial, na que hai gañadoras e perdedoras, na mediación prodúcese un gañar-gañar que ten a súa base en diferentes aspectos: redúcese de forma considerable tanto o costo económico, como o costo emocional da disputa, debido entre outras cousas, á maior rapidez na que se dirime a cuestión, non dilatando o problema no tempo e polo tanto, tódalas emocións negativas derivadas do mesmo, que en moitas ocasións supoñen un costo engadido en saúde.
Tamén se reducen os longos períodos de incerteza sobre o resultado, que depende en exclusiva de terceiros que saben de leis pero non das persoas e as circunstancias que hai detrás de un conflito, todo o contrario que en mediación, na que o acordo o deseñan as propias partes á súa medida, algo que ademais fai que a taxa de cumprimento do acordado sexa moito maior.
Os conflitos máis común dirimidos en mediación son os seguintes:
Desacordos ben entre país que se van a divorciar e deben redactar un acordo regulador, ben entre pais divorciados fai anos que necesitan resolver diferencias puntuais o sobre a educación dos fillos/as, disputas entre pais e fillos/as, ou entre irmáns/ás sobre o coidado de pais maiores ou familiares con capacidades reducidas, conflitos económicos entre familiares, problemas derivados de adopcións e acollidas, así como conflitos entre amigos/as ou entre compañeiros/as no entorno laboral.
En mediación, a diferencia que en terapia, si é importante que acudan tódalas partes implicadas no conflito e que o fagan de forma voluntaria.
Por que non inténtalo?
Contacta comigo
Fai unha pregunta ou reserva unha cita no seguinte formulario.
Carmen Quílez Psicóloga Santiago de Compostela
- Rúa Dr. Teixeiro, 13 – 3º
Carmen Quílez Psicóloga Ourense
- Camiño da Veiga, 14, Pontedeva (Ourense)
Redes Sociais
@carmenquilezpsicologa