Dende que rematou a túa última relación sénteste triste e perdida?

Transforma a Dor e o Medo en Autocoñecemento e Rumbo Propio co programa de 3 meses que creei especialmente para TI

Quizais …

Carmen Quilez Psicoterapia

Sentes que andas en automático, que estás triste e falta energía,  habendo días que se non fora polas obrigacións diarias, desexarías non levantarte da cama?

Carmen Quilez Psicoterapia

E agora que? Senteste perdida, e non sabes cara onde, nin como facer para sair adiante soa?

Carmen Quilez Psicoterapia

Pensas que a túa idade vai ser complicado refacer a túa vida e dache medo imaxinar un futuro soa?

Carmen Quilez Psicoterapia

Compartaslos ou non, pésanche os “deberías” que nos impón a sociedade ás mulleres, e máis a certas idades?.

Carmen Quilez Psicoterapia
Sabes que terías que saír máis para distraerte pero non che apetece e/ou nin sequera saberías con quen, pois sentes ou ben que non queres saturar máis a teus amig@s co tema, ou ben que case tod@s  con parellas e fillos, cada vez están menos dispoñibles?
Carmen Quilez Psicoterapia

Ola, Son Carmen Quílez!

Sei como te sentes porque ademais de como muller  vivir en primeira persoa algunhas destas situacións, como psicóloga  tratei con mulleres na túa mesma situación.

O tempo curao todo. Dinnos e nos dicimos cada día, esperando que chegue o día no que nos sintamos como novas. E se, o tempo fará que as tan molestas primeiras emocións que sentes tras unha ruptura, baixen de intensidade. E isto, é de agradecer claro.

Un cravo saca outro cravo dirache algunha amiga e non sen parte de razón. Desviar a atención de aquilo que doe, pode aliviar momentáneamente esa dor. Tamén “alivia” abusar de durmir ou comer, “ateigarse” de series e tv, ou incluso, excederse cos tranquimazins e o alcohol, distraccións que nos anestesian, a veces non só para o malo.

 

Psicologa, psicoterapeuta

Pero eu, nin como psicóloga nin como muller podo conformarme con esas ou con calquer outra forma de aguantar e de enfrontar crises vitais tan importantes que afectan á propia identidade. Por qué? Porque ese aguantar que tanto nos caracteriza, penso que está detrás da alta incidencia da depresión, que segundo a OMS, hai en mulleres.

Por iso, consciente do duro que é vivir unha separación, ademáis sendo muller, polo que conleva selo, e mais aínda a partir dos 30,  polas presións sociais e biolóxicas que nos sobrevoan; decidinme a crear ReencóntraTE, un programa de acompañamento e desenvolvemento persoal para mulleres co que:

* Acompañareite na dor que estás vivindo tras a ruptura coa túa parella.

* Axudareite a xestionar tanto as emocións como os pensamentos negativos que monopolizan o teu día a día.

* Iniciaremos xuntas un proceso de autocoñecemento e desenvolvemento persoal para que saias reforzada desta crise.

Despues de romper

E é que o meu propósito como muller e como psicóloga, é poñerme ao servizo das mulleres, coa misión de fomentar o Autocoidado e a Autorrealización como forma de afrontamento e de Ben ESTAR na vida.

Tanto dito propósito como o meu traballo sempre están sostidos en 3 principios fundamentais:

COMPROMISO

Porque adoro o meu traballo, estou totalmente comprometida coa misión de axudarte a que te saibas e te sintas más feliz, xa sexa soa ou acompañada.

Formación continua

Descubrir novas técnicas e ferramentas provenientes de moi diferentes enfoques da psicoloxía, é un dos meus  vicios (confesables) e que estou segura che aportarán valor.

Metodoloxía práctica

A miña intención é aplicar dende o primero día unha metodología práctica e creativa, a través da cal, compartirei contigo as ferramientas que necesitas para labrar o teu benestar de hoxe e de mañá.

Por todo isto a miña MISIÓN contigo é:

Axudarte a que por fin te comprometas contigo mesma e co teu benestar

Por desgracia, a manía de aguantar e de esperar ás crises vitais para facer revisións e cambios na nosa vida é xeralizada e como verás máis abaixo, tampouco eu me librei desta mala costume. O caso é que xa está feito, por sorte e por desgracia ti estás nunha desas crises, e está na túa man que fagas que este sexa o momento ideal para que deixes de fallarte a ti mesma, e comeces a dedicar toda a túa enerxía e tempo a descubrir quen és e quen queres ser, que che enche de felicidade e que che impide alcanzala. 

E para acompañarte a que aproveites esta oportunidade creei:

Despues de romper
Carmen Quilez Psicoterapia

Ademais de todo isto igual che interesa saber que …

Son psicóloga especializada en psicoloxía da saúde, mestrado en mediación e psicoterapeuta, especializada en terapia sistémica como así o acredita a Federación Española de Terapia Familiar (FEATF) e o Rexistro Nacional de Psicoterapeuta (RNP), ao igual que as diversas universidades e escolas de terapia nas que me fun formando (e que che especifico máis adiante).

Sobre min, algo que destacaría, é ser unha persoa felizmente afectada por circunstancias e decisións que, de poder elexir, non volvería a vivir, nen a tomar.

Carmen Quilez Psicologa del duelo sentimental

De poder elexir, non volvería a estudar dereito nen empresariais, tampouco volvería a iniciar certas relacións, nen a pasar polo sufrimento da ansiedade; saltariame certos períodos como a crise económica do 2008, ou actual crise provocada polo COVID-19… Porque todas foron e son crises que quixeron mermar unha parte de min, e que dalgunha forma o fixeron, pero que ademais e sobretodo, resultaron ser unha fonte de oportunidades e aprendizaxes, a moi diferentes niveis.

E é que esas crises, ademais de momentos difíciles, foron os puntos de inflexión que me movilizaron ao cambio. Aportáronme non só vivencias e persoas fundamentais hoxe para mí, senon tamén, oportunidades tan importantes como a de (aínda sendo unha tolemia, seino) facer unha 3ª carreira (nunca é tarde!). Pois sí, entre outras moitas cousas, animáronme a estudar por fin aquilo que sempre me apasionou, e que me permite hoxe como psicóloga, acompañarte con ReencóntraTE nesta etapa tan complicada da túa vida. Porque de verdade quero axudarte a que, como eu o fixen, ti tamén saias reforzada de circunstancias e decisións que de poder elexir, non volverías a tomar nen a vivir. Empezamos?

Organismos acreditadores:

Carmen-Quilez-Psicoterapeuta-familiar
Carmen-Quilez-Psicoterapia
UNED- Carmen-Quílez

E COMO che vou a axudar a sentirte mellor nos próximos 3 meses?

Despues de romper

Con ReencóntraTE, un programa no que durante 3 meses che acompañarei persoalmente no proceso de dor e reconstrución que estás vivindo. Como? A través do traballo en diferentes formatos dos que para min son os 3 pilares fundamentais do ben ESTAR:

Z

AUTOCOIDADO

TI és a persoa mais importante da túa vida, e ReencóntraTE axudarache a que por fin actúes en consecuencia.

Z

AUTOCOÑECEMENTO

Despois dunha relación necesitamos facer balance e RE-conectar co que fomos, somos e co que queremos ser. O autocoñecemento NON é un concepto estático, polo que con ReencóntraTE acompañareiche neste proceso continuo de Auto-descubrimento persoal.

Z

AUTORREALIZACIÓN

E da man do AutoCoidado e do AutoDescubrimento, entraremos nun proceso de desenvolvemento persoal, proceso que iniciaremos xuntas, pero que para conseguir seguir “ben ESTANDO”, deberás continuar por ti mesma, o resto da túa vida.

En definitiva

UN PROGRAMA CREADO ESPECIALMENTE PARA TI CO FIN DE AXUDARCHE A QUE SAIAS  REFORZADA TANTO DESTA CRISE, COMO DE CALQUERA OUTRA QUE QUEDE POR CHEGAR

Este programa SÍ é para ti se…

N

Es muller, e despois de rematada a túa última relación, sénteste identificada con algúns dos medos e dudas que describo ao inicio.

N

A túa empatía excesiva fai que nas túas relacións acostumas a olvidar as túas propias necesidades e sonos, e te sintes inmersa nunha crise de identidade.

N

Dende a ruptura sénteste triste, falta de enerxía e de rumbo.

N

Se estás decidida a comprometerte contigo mesma e co teu benestar, e por tanto, teu compromiso a traballar duro para conseguir os cambios que necesitas para lograr unha versión de ti mesma, máis feliz e plena, é do 100%.

Este programa NON é para ti se:

M

Na relación que acabas de saír sufriche maltrato físico e psicolóxico.

M

Encóntraste nun episodio de crise dalgún tipo de trastorno.

M

Se neste momento non podes (ou non queres) comprometerte ao 100% co programa.

*** Pero non te preocupes, en calquera dos 3 casos anteriores, así como noutros que creas non encaixan de todo en ningunha das opcións,  podes consultarme a túa situación vía email  en info@carmenquilezpsicologa.com. Comentareiche se dispoño doutras opcións que se axusten máis a túa situación concreta.

Carmen Quilez Psicoterapia

Preguntas frecuentes

Que inclúe o Programa ReencóntraTE?

* 6 sesións de terapia individual a través de videoconferencia (1 sesión cada 15 días).

* Materiais e exercicios para que traballes dunha maneira orixinal e creativa o autocoidado, o autocoñecemento e a autorrealización, durante os 15 días que hai entre sesión e sesión.

* Tutorías por email para dudas e comentarios que che vaian xurdindo ao traballar os materiais e exercicios.

* 3 sesiones grupais con tódalas participantes.

Cantas prazas hai?

Esta é unha edición piloto de ReencóntraTE e aceptarei só a 6 participantes, polo que se estás interesada, completa o formulario canto antes.

Que significa que esta é unha edición piloto do programa?

Significa que vas a ser das primeiras persoas en probar o programa e que o teu feedback será moi importante para min. Por que? Porque serás “co-creadora” das seguintes versións de ReencóntraTE.

Tamén significa que vas a desfrutar dunha versión moi especial do programa, multiformato e moito máis individualizada, xa que a idea das seguintes edicións de ReencóntraTE, é que  evolucione cara un taller on line de desenvolvemento persoal para mulleres que están vivindo a túa mesma situación.

E por último significa, que vas a ter a sorte de acceder ao programa a un prezo moi inferior ao seu custo real, en compensación a teu papel como “co-creadora”, así como pola túa comprensión e paciencia, ante posibles problemas técnicos.

Canto dura o programa e canto tempo necesito dedicarlle?

A duración total do programa é de 3 meses.

O tempo a dedicarlle é difícil de establecer a priori, pois vai a depender moito de cada unha. Ademais, a idea é que todo o que tratemos no programa impregne todo o teu día a día.

Respecto ao traballo persoal de materiais e exercicios, a nivel orientativo, poderían ocuparche unha media de 60-90 minutos á semana, aínda que de novo, esto dependerá moito da persoa.

Interésame pero non sei se terei tempo de facelo agora. Que fago?
Seguro que non podes sacar un máximo de 3 horas á semana para dedicarlle á persona máis importante da túa vida: TI?

Se é así, diríache que a túa prioridade agora é cambiar esa situación de falta de tempo para ti mesma.

Para conseguir resultados con ReencóntraTE é necesario que te comprometas a dedicarlle tempo e atención, polo que se cres que neste momento non podes comprometerte, non te preocupes, a idea é que haxa máis edicións.

Envíame un email ou suscríbete a o meu blog e mantendreite informada das seguintes edicións.

E se non conecto co programa. Hai garantía de devolución?

Sí,  ReencóntraTE ten 15 días de proba.

A miña única intención é crear un servizo que che axude a saír reforzada da crise na que te encontras, polo que se tras a primeira sesión e ata 15 días dende o comezo do programa, consideras que ReencóntraTE non é o que ti necesitas neste momento, devolvereiche o 100% do que abonache.  

É caro? ¿É barato?

Podes ver o prezo un pouco máis abaixo nesta mesma páxina.

A miña opinión? Tendo en conta que ReencóntraTE nesta primera versión piloto (en principio non así nas siguientes), vai a ser multiformato: a suma dunha Terapia individual, de sesións grupais e dun taller de desenvolvemento persoal tutorizado especializado na túa situación, creme é demasiado barato. Por que? Pois non só polos recursos e o tempo que invertín en crear o programa, senon pola suma de ventaxas que van a conlevar para ti os 3 formatos que inclúe só esta versión piloto:

* Como terapia individual, a atención personalizada, e o compromiso e motivación que leva aparexada toda terapia.

* Como taller de desenvolvemento persoal, a amplitude de contidos e a tutorización de dudas e exercicios extra-sesión, que non soe dar tempo a cubrir nunha terapia convencional.

* Como terapia grupal, as sinerxias e aprendizaxes que se producen en grupos que comparten un mesmo “pesar”.

Ten en conta, que o prezo de só a primeira parte, unha terapia individual, oscila entre 50€-80€/sesión. E que a media dunha terapia soe ser de 8-10 sesións/terapia, polo que, elixindo a tarifa máis económica, só unha terapia poderíache sair por como mínimo 400-500€. Un diñeiro ben investido eso sí.

É unha boa decisión?

Eu creo que investir diñeiro en coidarse e aprender é un acerto sempre, pero claro, eu non son obxectiva.

Intentando selo, entendo que si chegache ata aquí é porque necesitas facer cambios na túa vida encamiñados a saberte e sentirte máis feliz. Sinceiramente, creo que tes moitas formas de conseguilo e que o meu programa non é máis que unha vía máis, eso sí, creada con todo o meu cariño e ilusión.

O que sí che recomendo é que se necesitas un cambio, liberate dunha vez da responsabilidade de ter que poder soa, xa sexa con ReencóntraTE ou pedindo axuda profesional, pero non o penses máis, asegúroche que o alivio de compartir esa responsabilidade é inmediato. Da o paso!

Se teño algunha outra duda, onde te encontro?

Podes escribirme calquer dúbida a info@carmenquilezpsicologa.com

Carmen Quilez Psicoterapia

IMPORTANTE: Ten en conta que …

Como che decía máis arriba, este é un programa piloto, que vou a compaxinar coa miña consulta de psicoterapia habitual, polo que nesta primeira entrega SÓ me podo permitir traballar con 6 PERSOAS.

Así que se realmente queres participar en ReencóntraTE, recoméndoche completar o formulario canto antes para non perder a túa praza.

Carmen Quilez Psicoterapia

 Cais son os pasos a seguir se che interesa participar no programa ReencóntraTe ?

Formulario-EncuentraTE

Completa o formulario

Completa o formulario que encontrarás ao final desta páxina, para que poda analizar a túa situación e valorar se este programa é axeitado para ti.

 

Servicios Carmen Quilez Quílez Psicóloga, Psicoterapeuta

Selección das persoas coas que traballarei

 Analizarei os formularios recibidos e preseleccionarei a aquelas candidatas que considere máis axeitadas para o programa, en función da súa situación e compromiso, e dado o caso, en función da orde de entrada da súa solicitude. Sexas ou non preseleccionada, recibirás un email onde che darei o meu feedback. 

Preguntas frecuentes Carmen Quilez Psicóloga, Psicoterapeuta

Chamada de cualificación

 Se no email que recibas informo que es unha das preseleccionadas, o seguinte paso será concertar vía email/whatsapp  unha cita telefónica para coñecernos, resolver dúbidas e comprobar xuntas se o Programa ReencóntraTE se adecúa a ti e a túas circunstancias actuais.

 

***PREZO ESPECIAL EDICIÓN PILOTO 

Despues de romper

*239€

IVA incluído

R

Só 6 prazas

R

3 meses de duración

R

15 días de proba con garantía de devolución do 100% do abonado

*Pago único mediante transferencia bancaria, paypal ou bizum. Recibirás os datos bancarios para o pago co email de confirmación da túa praza, en caso de ser seleccionada.

SOLICITA XA A TÚA PRAZA!

Completa o seguinte formulario para poder analizar o teu caso. Sexas ou non  unha das 6 seleccionadas para este programa, poreime en contacto contigo vía email para darte o meu feedback.

Porque é hora de que empeces a pensar en TI!

REGÁLATE:

Despues de romper

Informoche que os dados de carácter persoal que me proporciones completando o presente formulario serán tratados por Carmen Quílez como responsable desta web. Poderás exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, limitación ou suprimir os teus datos enviando un email a info@carmenquilezpsicologa.com

×