Terapia familiar
Unha familia é un equipo e polo tanto, o resultado da convivencia é de todas, non existen responsables únicas: Non é só o seu mal carácter, tamén son as nosas reaccións ante o mesmo, e a reacción que á súa vez provoca cada unha desas en tódolos membros do sistema. A boa noticia: Cambios dunha das partes, poden provocar cambios asombrosos no conxunto.
A terapia familiar é de gran utilidade para detectar e cambiar aquelas dinámicas que están perpetuando a mala convivencia e que tanto dano están a facer a todos os seus membros, provocado diferentes reaccións en cada un deles, que á súa vez, teñen consecuencias nos demais
Ante esta situación, non existe máis solución que romper o círculo vicioso deixando de facer aquilo que se estaba facendo e que leva anos probando a súa ineficacia, como? Probando a facer cousas diferentes. Definir que, será o noso obxectivo na terapia.
A terapia familiar, ao igual que ocorría en terapia de parella, non implica a asistencia obrigatoria de toda a familia ás sesións se non é posible, de feito en determinados casos aínda sendo posible, non é o aconsellable. Polo tanto, segundo o caso, valorarase a pertinencia ben dunha intervención conxunta, ben dunha inclusión puntual de algúns membros da familia no seguimento psicolóxico da interesada, respectando sempre a confidencialidade do contado nas sesións individuais.
Intentámolo?
Contacta comigo
Fai unha pregunta ou reserva unha cita no seguinte formulario.
Carmen Quílez Psicóloga Santiago de Compostela
- Av. Ferrol 39, E-Esq.
Redes Sociais
@carmenquilezpsicologa