Terapia individual
Carmen Quílez Psicóloga
Cres que podes estar a sufrir ansiedade? Levas un tempo triste e sen enerxía, e tes medo a estar a pasar unha depresión?
A PSICOTERAPIA INDIVIDUAL é un espazo de reflexión acompañada que te axudará tanto a comprender as dinámicas nas que te podes atopar atrapad@, como a descubrir as ferramentas necesarias para conseguir solucións concretas, a problemas concretos.
Vivimos nun contexto moi complexo e esixente que nos pon a proba continuamente: a xestión dos pequenos problemas do día a día, do estrés familiar e/ou laboral, das relacións cos demais, dos inevitables cambios vitais, así como dos posibles acontecementos traumáticos aos que estamos expostos. Todos eles son retos continuos, que non sempre temos por que estar preparadas a enfrontar soas.
Estas situacións, pódenos facer convivir de xeito prolongado con un malestar psicolóxico, que moitas veces asumimos como inevitable, e que de non prestarlle a debida atención, pode rematar manifestándose a través de diferentes síntomas, para os que xa, o inevitable é non pedir axuda: Episodios de ansiedade, estados depresivos, medos desproporcionados, consumos excesivos, relacións pouco saudábeis coa comida, ou calquera outro tipo de trastorno psico-biolóxico.
Para calquera destes casos, ben sexa un conflito cotiá para o que crees ter intentado todo, ben sexa un síntoma manifesto fora de control, recomendámosche, que ao igual que vas ao dentista cando doe una moa ou chamas a un técnico cando se rompe a lavadora, te descargues da responsabilidade de ter que poder soa e abandones a asunción de que o malestar psicolóxico é algo normal que xa pasará.
Por todo isto, anímote a que empeces a cuidarte regalándote unha primeira sesión, que ademáis ten un desconto do 50%. Coñecémonos, e despois decides se che convence continuar coa terapia ou non.
¿Falamos?
Coméntame as túas dúbidas ou reserva unha cita no seguinte formulario.
Carmen Quílez Psicóloga Santiago de Compostela
- Rúa Dr. Teixeiro, 13 – 3º
Carmen Quílez Psicóloga Ourense
- Camiño da Veiga, 14, Pontedeva (Ourense)
Redes Sociais
@carmenquilezpsicologa