Sobre min

 

Ola! Son Carmen Quílez, psicóloga en Santiago de Compostela

 Sobre min, algo que destacaría, é ser unha persoa felizmente afectada por circunstancias e decisións, que de poder escoller, non volvería a vivir, nin a tomar.

Non volvería a estudar Dereito e Administración e Dirección de Empresas, estudos que non ían nada conmigo, pero que non obstante, téñenme dado persoas, coñecementos e proxectos, que quizais me farían cambiar de opinión.

Sobre Min

De poder escoller, tampouco volvería a cometer certos erros, nin a pasar polo sufrimento da ansiedade, nin a vivir períodos de crise, como a crise económica do 2008, ou a crise sanitaria que vivimos no 2020. Porque todas foron etapas moi complicadas, que quixeron minguar unha parte de min, e que en certo modo o fixeron, pero que ademais e sobretodo, resultaron ser unha fonte de oportunidades e aprendizaxes, a moi diferentes niveis. A elas débolles a día de hoxe Sevilla, Irlanda,Galicia, pero tamén os nosos “momentos Pontedeva” ou proxectos como Cousas da Terra e Fogar Natural, así como todas as persoas e a revolución vital que estas trouxeron consigo.

Pero sobre todo, co imprescindible apoio do meu compañeiro de vida, algunhas destas crises supuxeron o impulso e o tempo que necesitaba para por fin empezar a vivir en coherencia conmigo mesma e emprender importantes cambios de dirección.  Exemplo: estudar aquilo que sempre me apaixonou (nunca é tarde!), e que me permite hoxe como psicóloga, acompañarte na busca dos cambios que necesitas para saberte e sentirte cada vez máis feliz, a pesar de circunstancias e decisións que non volverías a vivir, nin a tomar. Ou si? Empezamos?

SABER MAIS sobre Carmen Quílez, psicóloga

Universidade Pablo Olavide (Sevilla)

  • Licenciatura en Dereito, especialidade en Dereito da Empresa.
  • Licenciatura en Dirección e Administración de Empresas.

Universidade Santiago de Compostela (USC)

Universidade Nacional de Educación a Distancia

  • Grado en Psicoloxía, especialidade en Psicoloxía da saúde (Nº de Colexiación G-06004)

Federación Española de Asociacions de Terapia Familiar            

1º: 180º Unidade de psicoloxía (R/Camiño dos vilares, 94 , Santiago)

2º: Loft Psicólogos Espazo Clínico ( R/ Hedras, 6 , Milladoiro)

3º: Centro de Terapia Familiar Sistema ( S. Andrés, 35 , A Coruña)

Supervisión: Unidade de terapia Venres Clínico (facultade de psicoloxía, USC)

 

 

CarmenQuilezPsicologa
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.