Preguntas frecuentes
¿Canto vai durar a terapia?
Salvo casos puntuais, o habitual é que as sesións sexan quincenais, con unha duración por sesión de 60-90 minutos.
Respecto ao número de sesións, acorde ao modelo terapéutico co que traballo, a idea é que a terapia sexa o máis breve posible, estando a media de sesións en 10, pero podendo variar a máis o menos sesións, segundo o caso.
Que prezo ten cada sesión?
No convencemento de que a saúde é un dereito ao que todo o mundo debería ter acceso, ofrecemos tarifas especiais para determinadas situacións, así como as máximas facilidades de pago, ademais dun prezo único para a 1ª entrevista, aplicable a todo tipo de terapias, para que @s clientes valoren nese primeiro contacto, se senten conexión tanto co plan proposto, como coa terapeuta que o propón, e por tanto, se están motivadas a continuar.
Tarifa 1ª entrevista: 50% de desconto
Tarifa T. individual: 50€/sesión
Tarifa T. de parella: 65€/sesión conxunta
Tarifa T. Familiar: 80€/sesión conxunta
Tarifa Mediación: 80€/sesión conxunta
*Tódalas tarifas mencionadas inclúen IVE.
Cal é o modelo de intervención empregado?
O principal modelo de intervención terapéutica co que traballo é a Terapia Breve ou Terapia centrada en solucións, enfoque eminentemente práctico que dende un punto de vista sistémico, basease en traballar no menor tempo posible, a detección do problema, a determinación de obxectivos e a busca creativa de solucións e ferramentas, que nos preparen ademais, a enfrontarnos de maneira exitosa a futuras situación problemáticas que xurdan ao longo da vida.
Outros modelos como o Cognitivo Conductual ou a Terapia narrativa tamén me fornecen de ferramentas útiles na terapia.
No meu caso, realmente será útil acudir a terapia?
Moitos estudos indican que a maioría das persoas notan melloría e alivio dende a primeira sesión, pois a simple decisión de pedir axuda a unha profesional, que ademais está aí para escoitar sen xuízos, xa mobiliza cara a recuperación.
Persoalmente, valoro moito o tempo, o compromiso e o diñeiro que invistes no proceso terapéutico, polo que si na primeira entrevista considerara que o teu problema está fora da miña especialidade, ou ben ao longo da terapia, vira que por algún motivo non estou sendo de axuda, sen dubidalo, faríacho saber de inmediato.
A asistencia a terapia e o tratamento son confidenciais?
A confidencialidade sobre a asistencia a terapia e sobre todo o tratado en sesión, é un deber fundamental inherente a nosa profesión, tanto respecto a terceiras persoas alleas ao cliente, como respecto a outras asistentes á terapia, en caso de terapias de parella ou terapias familiares, con quen para sacar certos asuntos tratados en sesións individuais, debemos obter previamente un consentimento concreto e expreso.