Sobre min
Ola! Son Carmen Quílez, psicóloga en Santiago de Compostela
Sobre min, algo que destacaría, é ser unha persoa felizmente afectada por circunstancias e decisións, que de poder escoller, non volvería a vivir, nin a tomar.
Non volvería a estudar Dereito e Administración e Dirección de Empresas, estudos que non ían nada conmigo, pero que non obstante, téñenme dado persoas, coñecementos e proxectos, que quizais me farían cambiar de opinión.
De poder escoller, tampouco volvería a cometer certos erros, nin a pasar polo sufrimento da ansiedade, nin a vivir períodos de crise, como a crise económica do 2008, ou a crise sanitaria que vivimos no 2020. Porque todas foron etapas moi complicadas, que quixeron minguar unha parte de min, e que en certo modo o fixeron, pero que ademais e sobretodo, resultaron ser unha fonte de oportunidades e aprendizaxes, a moi diferentes niveis. A elas débolles a día de hoxe Sevilla, Irlanda,Galicia, pero tamén os nosos “momentos Pontedeva” ou proxectos como Cousas da Terra e Fogar Natural, así como todas as persoas e a revolución vital que estas trouxeron consigo.
Pero sobre todo, co imprescindible apoio do meu compañeiro de vida, algunhas destas crises supuxeron o impulso e o tempo que necesitaba para por fin empezar a vivir en coherencia conmigo mesma e emprender importantes cambios de dirección. Exemplo: estudar aquilo que sempre me apaixonou (nunca é tarde!), e que me permite hoxe como psicóloga, acompañarte na busca dos cambios que necesitas para saberte e sentirte cada vez máis feliz, a pesar de circunstancias e decisións que non volverías a vivir, nin a tomar. Ou si? Empezamos?
SABER MAIS sobre Carmen Quílez, psicóloga
Universidade Pablo Olavide (Sevilla)
- Licenciatura en Dereito, especialidade en Dereito da Empresa.
- Licenciatura en Dirección e Administración de Empresas.
Universidade Santiago de Compostela (USC)
- Máster en mediación: Especialista en mediación familiar, escolar, comunitaria, penal, civil e mercantil.
Universidade Nacional de Educación a Distancia
- Grado en Psicoloxía, especialidade en Psicoloxía da saúde (Nº de Colexiación G-06004)
Federación Española de Asociacions de Terapia Familiar
- Terapeuta Familiar acreditada
1º: 180º Unidade de psicoloxía (R/Camiño dos vilares, 94 , Santiago)
2º: Loft Psicólogos Espazo Clínico ( R/ Hedras, 6 , Milladoiro)
3º: Centro de Terapia Familiar Sistema ( S. Andrés, 35 , A Coruña)
Supervisión: Unidade de terapia Venres Clínico (facultade de psicoloxía, USC)