Nestes días de corentena e nova normalidade, atopáchete con algunha destas dificultades?
SITUACIÓN 1
SITUACIÓN 2
SITUACIÓN 3
SITUACIÓN 4
SITUACIÓN 5
SITUACIÓN 6
SITUACIÓN 7
SITUACIÓN 8
SITUACIÓN 9
SITUACIÓN 10
HOXE decidín estar en contra do dito: “Mal de moitos, consolo de tontos” Outro día, xa verei. HOXE, creo que nos podemos permitir que nos reconforte que todas estas dificultades estean a pasar en fogares, pequenos e grandes, do mundo enteiro. Incluso un recente estudo, lexitímanos a sentir esas emocións, dicíndonos que xa outr@s as sentiron en corentenas debidas a epidemias, que dende o 2003 veñen afectando a moitas persoas de diferentes culturas e lugares do mapa, e ás que agora, temos a sorte e a desgracia de poder entender mellor. (Como doe entender de primeira man!).
Dende o pasado mes de marzo de 2020, en moitos paises do mundo o goberno tennos obrigado por lei a permanecer nas nosas casas primeiro, e a sair en condicións de nova normalidade despois. O fin que ENTRE TOD@S consigamos parar a propagación dun inimigo común, << o coronavirus >>, cunha MISIÓN absolutamente inaudita:
SALVAR A VIDA ÁS PERSOAS QUE NOLA DERON
HOXE (que importante é o hoxe nestas circunstancias, verdade?), como psicóloga, quero darNos o permiso para estar enfadad@s, tristes, agobiad@s, preocupad@s, aburrid@s, só/soas, aterrorizad@s, culpables (ou non) por sentir alivio pola parada imposta, e ata esfamead@s cada 5 minutos.
Como non sentir algunha destas emocións dadas as tráxicas circunstancias que estamos a vivir?
Tamén HOXE, e tamén como psicóloga, (e evitei iniciar esta frase con un pero para non ser augafestas), utilizo outro dito para compartir contigo unha importancia advertencia:
O veleno está na dose.
(Deste dito estou máis a favor, por auto-recoñecerse velenoso en certas doses
).
Pois si, esas emocións, como as de calquera outro signo, e incluso tamén diría, que como á mesmísima razón, convén non malcrialas. Deixarte levar polo negativismo, a tristeza ou a ansiedade, sen poñerlles límites, pode dar lugar, sen darte conta, a problemas máis graves.
Por iso, propóñoche que dende HOXE ampliemos a NOSA XA HEROICA CRUZADA contra o virus, e en palabras de Mona Chollet neste marabilloso artigo, prescríbonos unha primeira:
PSICO-VACINA
“Aproveitemos esta vía de escape e reunamos os tesouros que tanto necesitaremos o día no que nos devolvan as rúas”
E como facelo?
Estes días, son moitas as recomendacións que circulan por tódolos lados de cara a soportar a corentena: Evitar a “infoxicación”, créate unha rutina, non “pixamees”, fai exercicio, coida a túa alimentación, pasa tempo cerca de puntos con luz natural, durme ben. Todas recomendacións, en principio moi lóxicas, pero…
Como levalas á práctica e nas doses axeitadas a TI e á TÚA REALIDADE?
Pois na busca dese como, decidín abrir a caixa de ferramentas da fascinante ciencia da psicoloxía, e dos seus diferentes enfoques, para dar con aquelas que nos poidan ser útiles para manter a raia moitos dos “malestares” cos que comenzaba, tan de humanos de aquí e de alá.
Por onde empezar semellante RETO?
Pois despois de darlle moitas voltas, finalmente decanteime por atacar a situación nº 4, co fin de facer fronte ao estrés que poda supoñer non organizarse dunha (que non da) forma axeitada.
Por que?
Porque deste xeito, empezaremos con ferramentas coas que traballaremos principalmente a AUTOEFICACIA, << o crerse capaz de>>, que segundo o enfoque cognitivo conductual, pode provocar un efecto dominó, que derrube moitos dos outros malestares antes listados. (Xa me contarás. Igual afórrome escribir un montón de artigos 😉 )
Peeeeeero (agora sen complexos), confeso que HOXE, non me gustan nada os conceptos que me evoca a palabra autoeficacia. Creo que nos pode levar a lóxicas de productividade de “cando as rúas estaban postas”. Por iso, como punto de partida do próximo post, e seguindo o enfoque narrativo da psicoloxía, REFORMULO significados, e quédome só con aquelas perspectivas que me axuden a dar cos anticorpos que compoñen a nosa PSICO-VACINA de HOXE:
Así que,
Para TI que vives só/soa, e para TI que vives coa túa parella, para TI que vives con compañeir@/s, coñecid@/s, decoñecid@/s, tamén para TI que vives en familia, e por suposto para TI, que din eres PEQUEN@, pero que moitas veces entendes non sei se máis, pero si mellor. Para TOD@S NOSOUTR@S, teño unha primeira MISIÓN, <<A misión Cero>>, que pode parecer sinxela, polo seu envoltorio, pero que ten trampa..
AtrévesTE a liderala?
Adianto que se trata de tomar conciencia da compañía duns seres diminutos que coñecemos de sobra, e que a partir de agora se converterán n@s nos@s compañeir@s de…
METAMORFOSE
Adiviñas de que se trata?
Unha vez en marcha,
<< Cada día, obsérvaa e obsérvate>>
E como isto parece ir de dose,
de redefinir
e de baixar marchas.
Intento dar coherencia ao meu discurso,
e aínda que ansiosa por contarche xa agora,
detéñome aquí.
Despídome ata o meu seguinte post,
no que en poucos días
compartirei conTigo,
ferramentas moi concretas
que nos ofrece a psicoloxía
para dosificar os “momentos de estres Nº 4”.
Probando así,
a ver que pasa,
cando vivimos o tempo,
tal e como o fai,
unha SEMENTE…
Moi interesante a proposta. Procurarei levala á práctica aínda que co coescepticismo de quen pensa que os remedios deben vir de accións algo máis drásticas, non sei… Grazas
Ola Fernando! Moi interesante o teo feedback! Estou dacordo contigo en que os “remedios” deben ser drásticos, se entendemos por drástico “radicalmente diferentes” aos xa probados unha e outra vez sen éxito, pero en si mesmos, penso que poden ser do más sinxelos (ou non). O que si, que nin este artigo introdutorio, que é só unha invitación á reflexión, nin os artigos seguintes, xa con exercicios máis concretos, son “remedios universais” (ogallá;). Son só reflexións e ferramentas que vos propoño probar (se non se probaran xa) ou simplemente ferramentas inspiradoras dos propios “remedios”. En fin, un bo debate que pos sobre a mesa, de feito dasme unha idea para as conclusións do meu seguinte artigo. Grazas mil!