Preguntas frecuentes

 

Canto vai durar a terapia?

Salvo casos puntuais, o habitual é que as sesións sexan quincenais, con unha duración  por sesión de  60 minutos.

Respecto ao número de sesións, acorde ao modelo terapéutico co que traballo, a idea é que a terapia sexa o máis breve posible, estando a media de sesións entre 6 e 10,  pero  podendo variar a máis ou menos sesións, segundo as necesidades de cada persoa.

Que prezo ten cada sesión?

O prezo é de 60€/sesión (IVE incluido)

Cal é o modelo de intervención empregado?

O principal modelo de intervención terapéutica co que traballo é a Terapia Breve ou Terapia centrada en solucións, enfoque eminentemente práctico que dende un punto de vista sistémico, basease en traballar no menor tempo posible, a detección do problema, a determinación de obxectivos e a busca creativa de solucións e ferramentas, que nos preparen ademais, a enfrontarnos de maneira exitosa a futuras situación problemáticas que xurdan ao longo da vida.

Outros modelos como o Cognitivo Conductual ou a Terapia narrativa tamén me fornecen de ferramentas útiles na terapia.

No meu caso, realmente será útil acudir a terapia?

Moitos estudos indican que a maioría das persoas notan melloría e alivio dende a primeira sesión, pois a simple decisión de pedir axuda a unha profesional, que ademais está aí para escoitar sen xuízos, xa mobiliza cara a recuperación.

Persoalmente, valoro moito o tempo, o compromiso e o diñeiro que invistes no proceso terapéutico, polo que si na primeira entrevista considerara que o teu problema está fora da miña especialidade, ou ben ao longo da terapia, vira que por algún motivo non estou sendo de axuda, sen dubidalo, faríacho saber de inmediato.

A asistencia a terapia e o tratamento son confidenciais?

A confidencialidade sobre a asistencia a terapia e sobre todo o tratado en sesión, é un deber fundamental inherente a nosa profesión, tanto respecto a terceiras persoas alleas ao cliente, como respecto a outras asistentes á terapia, dado o caso, con quen para sacar certos asuntos tratados en sesións individuais, debemos obter previamente un consentimento concreto e expreso.

Tes algunha outra dúbida?

CarmenQuilezPsicologa
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.